Información y presentación alegacións || «MINA DO CANDO NON» || PROXETO MEGAMINERIA

A Xunta pretende aprobar o pase de Permiso de Investigación a Permiso de Concesión de Explotación sen os trámites de Estudo de Impacto Ambiental.

Achegamos dous documentos das alegacións para presentar polo proxecto de mina de litio que afecta aos concellos de Beariz, Avión, Forcarei, Cerdedo e A Lama; estes documentos foron feitos en base á documentación solicitada por SLG e Verdegaia en colaboración con Ecoloxistas en Acción e ContraMINAcción.

Neste correo tedes os dous modelos adxuntos: un dirixido á Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria e outro para a Direción Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente.

Os modelos serven tanto para entidades xurídicas como particulares.

Dende Mina no Cando NON (MCN) e desde Rexeneracion Autóctona pedimos a vosa colaboración, presentando ditas alegacións e compartíndoas con coletivos e persoas que tamén queran facelo.

Dende MCN e RA pretendemos facelo de xeito mediático, por iso imos buscar unha data para facelo de xeito conxunto e convidar a diferentes medios para dar a coñecer o que está a acontecer. Manterémosvos informadas da data escollida, por se queredes sumarvos.

Por último, estas alegacións pódense presentar en calquera momento xa que aínda non se abríu o periodo de exposición pública, no momento que isto aconteza teremos só entre 15 días e un mes para alegar. Por isto lembramos a importancia de facelo canto antes.

Para coñecer as novas sobre este proxecto podedes seguir a Para coñecer as novas sobre este proxecto podedes seguir a canle de telegram:

Información Mina no Cando Non
Documentos, eventos, artigos e mais sobre o proxecto de megaminería en Doade (Beariz), Cerdedo Cotobade, Avión, Forcarei, A Lama

https://t.me/minanocandonon

Seguimos en contacto!

[wpforms id=»635″]