Soutomaior en Pé: Razóns contra ao trasvase do Verdugo

12 razóns polas que nos opoñemos ao trasvase do Verdugo.

1. O trasvase do río supón un atentato ambiental gravísimos ao ecosistema do río Verduxo que de consumarse quitaría ao río a metade do caudal nos tempos de seca. Xusto cando máis o precisamos. Sirva como exemplo que, nestes días o Verduxo levaba un caudal de 800 l/s. O trasvase pretende bombear a cantidade de 370 l/s. Todos os expertos consultados sinalan que o impacto ecolóxico no río sería importantísimo e as consecuencias nas correntes, nas sedimentacións, na dilución da depuradora e nas salinidades serían imprevisibles tanto para a fauna do río como para os nosos bancos marisqueiros.

2. Hoxe por hoxe, os bancos marisqueiros de Arcade son o principal motor económico do concello. Hai máis de 200 familias que viven directamente do mar e moitas delas que teñen o mar como única fonte de ingresos. Como sector estratéxico que é para o noso concello, os problemas do mar afectan á economía de todo o concello. O trasvase, en tanto en canto é unha agresión aos nosos bancos marisqueiros, é unha agresión a todo o concello.


Ir a la Página Original [http://soutomaiorenpe.blogspot.com.es]

3. A enseada de San Simón é un espazo protexido pola rede Natura, porén os niveis de contaminación na ría son altos en moitos lugares. No canto de protexer a ría facemos actuacións deste tipo que agravan a situación.

4. Existen alternativas ao trasvase. Alternativas que teñen que ver coa xestión das concas, as mellora na eficencia, nas canalizacións, nos consumos. Alternativas que tiveron éxito en cidades como por, exemplo, Zaragoza. Esta cidade, medrando 100.000 habitantes reduciu o consumo un 40%. Ou o caso do encoro das Forcadas. Este encoro hai dúas décadas que sofreu unha seca na que tamén se propuxo un trasvase dende o Xubias. Mais finalmente, no canto do trasvase investiuse en mellorar a eficiencia das canalizacións. Esta actuación resolveu o problema durante décadas e a día de hoxe, coa actual seca, este encoro que abastece Ferrol, Narón, Fene, Mugardos etc. está no 51% da súa capacidade.

5. Estar en contra do trasvase é o maior exercicio de solidariedade cos concellos veciños. Por iso, nós optamos por solucións sostibles, ecolóxicas e contrastadas para o abastecemento. Solucións que resolvan de verdade os problemas dos veciños e non os cálculos electorais do PP e do PSOE. O trasvase non só non soluciona os problemas senón que crea problemas novos. Os datos falan por si sós. O caudal medio do Verduxo é de 7m3/s. É un caudal menor mesmo que o do Oitavén que é de 10m3/s. En épocas de seca como a actual, vemos como o caudal de Verduxo se reduce ata os 0,8 m3/s que leva na actualidade. Se a seca continúa o caudal seguirá con esta tendencia de descenso polo que o bombeo dende un río con eses niveis non pode ser unha solución sostible. Polo tanto a único exercicio real de solidariedade é o de facer propostas serias, rigorosas e contrastadas que supoñan solucións sostibles para o abastecemento.

6. O trasvase é ilegal. Incumpre a normativa europea de augas e de ningunha maneira se pode facer seguindo o trámite de emerxencia. O trámite de emerxencia, segundo a lei de contratos, só se pode dar para situacións extremas. Na propia lei, aclárase que estas situacións son «catástrofes» ou «problemas de seguirdade nacional». Unha seca que nin sequera motivou medidas de aforro serias, non se pode encadrar de ningunha maneiras en ningunha destas casuísticas. Pero, se isto era unha barbaridade con Eiras ao 38% de capacidade, é directamente un insulto cando Eiras se atopa nun 72%. Non hai emerxencia e non se pode aplicar este trámite de ningunha maneira. Se isto vai adiante os responsables poderían estar comentendo un delito de graves consecuencias penais.

7. Non se pode arrasar un río ao tempo que temos as canalizacións que levan a auga furadas.Para que nos fagamos unha ideas de cal é o estado de abandono no que se atopan os tubos de Eiras, é importante sinalar que só no emisario que vai ao Morrazo se máis perde un 30% da auga. As perdas nas canalizacións de Eiras teñen porcentaxes de perda elevadísimos. Só cunha xestión máis eficiente das canalizacións se podería resolver boa parte dos problemas de abastecemento.

8. Á Xunta e ao acalde de Vigo, caéuselles a careta. Dicían que os o trasvase era a consecuencia desta situación de emerxencia. Na actualidade esta situación de emerxencia desapareceu, e agora din que o van facer si o si. O único que demostra esta actitude é o que vimos dicindo dende hai tempo: que o verdadeiro problema non é a seca senón que PP e PSOE apostan por un modelo de abastecemento para vigo antiecolóxico,insolidario e irresponsable e tremendamente agresivo para co río Verdugo e os nosos mariscadores. O que aquí se está a dar non é un debate de xestión da seca, se fose ese o problema teríase dado como pouco dende o ano 2011. A verdadeira intención é a de impoñer un modelo antiecolóxico, insolidario e irresponsable para o abastecemento dos Concellos. Hai alternativas máis ecolóxicas, máis eficientes e máis solidarias.

9. Cómpre abrir un debate sobre a xestión hidrográfica. Un debate no que se poñan todas as alternativas enriba da mesa mais que se faga con análises serias . Cómpre falar da xestión da urxencia inmediata desta seca puntual (xestión de presións e consumos etc) e falar tamén de alternativas reais e sostibles (nova política hidrográfica, xestión das concas… ). Mais este debate debe darse con rigor e non a correr e sen sequera un estudo de impacto que se poida analizar ou contrastar. A actitude da Xunta é do goberno de Vigo supón un exercicio de irresponsabilidade e insolidariedade de consecuencias incalculables.

10. Cando dende a Xunta se fala da urxencia desta medida non están máis que a constatar a irresponsabilidade da súa xestión hidrográfica. Eiras leva anos reducindo os seus niveis por mor dunha política hidrográfica do PP nefasta. Hoxe por hoxe Eiras ten abastecemento para 25 días e o trasvase realizaríase no mellor dos casos en 3 ou 4 meses, co cal esta obra non serviría para o problema de abastecemento inmediato. Emprégase a urxencia para poder saltarse a lexislación vixente e empregar para o trasvase do Verduxo o mesmo mecanismo administrativo que se empregou por exemplo para manter ENCE durante 60 anos máis na Ría de Pontevedra.

11. Expertos de solvencia contrastada como o director da estación de hidrobioloxía, Fernando Cobo ven de sinalar esta mesma semana na prensa que as reducións do caudal en zonas nas que se verte residuo orgánico (como é o caso da Depuradora de Comboa) ten graves consecuencias na dilución e na osixenación das augas cun importante impacto na fauna e na flora do río que iso implica. Así mesmo sinala antes de tocar o caudal ecolóxico dun río hai que tomar outras medidas como o consumo industrial, ou os usos agrícolas. O caudal ecolóxico dun río só de pode tocar por necesidades vitais para a poboación.

12. O gobeno leva varios anos obrigando os concelllos a cobrar canon da auga que debería reverter na mellora das instalacións e da eficencia.Lonxe diso o PP emprega discrecionalmente estes fondos para continuar coa súa política caciquil. Das 66 obras feitas coa recadacíon do canon 55 foron en Concellos do PP.