Festival pola Rexeneración dos nosos montes

Festival para celebrar o día da Nai Terra e para recaudar fondos para rexenerar os nosos montes. Aquí toparás música, poesía, obradoiros, artesanía, comida autóctona e sostible.

A música e a poesía acariñarán os nosos oídos e o xantar e a bebida baixarán polas nosas gorxas, deixando contento ao noso corpo. Os nosos ollos regalaranse ante a paisaxe fermosa da Praia Fluvial de Ponte-Caldelas e seremos un pouco máis felices ao estar en harmonía coa nosa fermosa contorna.

Ven a compartir o estupendo programa:

12:00 O Verduxo non se toca | Amoras Maduras
12:30 Obradoiro trampas para avespas velutinas
13:30 Toxo na Silveira | Cantautor
14:30 Cuarteto Jazz Manouche
15:30 Ciobra Folk | Auga e vento
16:30 Tábula Rasa | Música Rock + poesía
17:30 Poesía Onírica | Nerea
18:00 Obradoiro Eco-Feminista
19:30 Música Folc | Earan
E moito mais…
Apto para niños

Manifestación 14 Abril contra tala de árbores en Vigo

Desde rexeneracion.net os convocamos para que os apuntéis a la manifestación (sábado 14 abril a las 13:50h en pza España) y que lo difundáis entre todos vuestros contactos. El gran Abelísimo se va a gastar 10 millones de nuestro dinero en un proyecto faraónico que conllevará la eliminación de TODOS los árboles de la Gran Vía (entre Urzaiz y Pza España) y de este bulevar. En su lugar pondrá una espantosa rampa mecánica de cristal con techo rojo y macetas con arbustillos. Una barbaridad que me recuerda a la que en su día se hizo con el muro de Samil en los 70 que se cargó todas las dunas y partió la playa por la mitad.


Artículo Original [La Voz de Galicia]

Rexeneracion: Boas noticias!

Dende rexeneracion estamos animad@s coas mobilizacions que estan acontecendo nestes ultimos dias.
A Sociedade esta actuando, estase agrupando e reunindo para coidar e protexer a nosa natureza e os nosos recursos.
Onte invitáronnos en Ponte Caldelas a Asamblea dunha Asociacion de veciñas e veciños pola defensa do rio Verdugo: «Pladever» .
Agradeceron o noso traballo. Nestes ultimos dias creamos a «celula defensa do rio» e gracias a ela traballamos parando persoalmente aos topografos e usando os drones e todos os medios humanos, tecnicos e dixitais que tiñamos dispoñibles na rede rexeneracion.net. Este agradecemento extendémolo a tod@s @s voluntari@s e as suas células: celulas de portavoces, celula de defensa do rio, celula de drones, celula de mapas, celula de fotografia, celula de xestion de voluntarios, celula de educacion, celula de comunicacion; mass media, difusion,blog, redes, etc.

Todas as celulas estan traballando activamente nestes dias e pedimos que continuedes coa mesma motivacion e inspiracion. Pois os agradecementos son poucos e o traballo moito.Sintamos que tod@s estamos agradecidos polo maravilloso traballo en rede que estamos facendo ainda que non sexa visible en todo momento.
GRAZAS,GRAZAS,GRAZAS!!!

Dende a celula de defensa do rio comunicamos as actuacions que levaremos a cabo:
Imos colaborar con todas as Asociacions Sociais que actuen protexendo e coidando os rios e a AUGA.
Aportando solucions alternativas a obras e decisions politicas sen razon coma o trasvase.
Apoiaremos calqueira actuacion, informe, proxecto de concienciacion, etc do uso dos nosos recursos, en especial o uso da auga. Un ben que esta comenzando a esgotarse polas seguintes razons:

  • Masas de eucaliptos na nosa terra, que non son bosque, son plantacions!!!!! Plantacions foráneas que esgotan a auga( imaxinade 10 metros de raices por cada eucalipto na terra, houbo casos de secas de presas de veciños por meterse as raices dun unico eucalipto!!!! no manantial veciñal).
  • Despilfarro da auga:
    Pouca conciencia social sobre o uso adecuado e consciente da auga como recurso natural esgotable.
  • Mala xestion dos recursos naturais: non usar as augas limpas correctamente para darlle outros usos e mesturalas coas fecais.
  • Incorrecta xestion dos manantiais, acuiferos, embalses e presas: con canalizacions e obras tecnicas que parecen que teñen pouco de intelixencia tecnica e moito doutros intereses politicos e economicos. Esixindo responsabilidades en coma se empregan os cartos e se deciden e fan tecnicamente as obras.
  • Fallos e perdas enormes de auga, nas tuberias de canalizacion e control de pozos e tomas ilegais.
  • Xestion inexistente no coidado e mantemento do ecosistema das beiras dos rios: necesidade de coidar as cabeceiras do nacemento do rio, actuar ante as prantas e arbores invasoras, controlar as filtracions e contaminacion vertida as beiras e caudal dos rios, etc. (En paises de Europa a empresa encargada da canalizacion da auga coida as brañeiras).

Todos estes temas falaronse onte por todas e persoas que acudiron a Asamblea; dende veciñ@s ata representantes de partidos de diferentes ideoloxias politicas, unidos en Asamblea Social convocada por Pladever.

Alegrámonos infinitamente que todas as nosas inquietudes nestes aspectos xa faladas na nosa rede dende a sua creacion como tema transversal de relevada importancia mediambiental foran faladas onte pola cidadania e representantes sociais e politicos de Ponte Caldelas e contorna, pois anima saber que mais persoas se preocupan polo que está a pasar e toman conciencia e actuan.

A auga é un ben indispensabel para rexeneraxion.net pois precisamos auga para que medren as nosas árbores e exténdanse as raices que protexen a terra a crean os manantiais que nos revirten as augas de volta para vivir!.
Apoiaremos calquera iniciativa deste tipo.
Indo mais aló queremos transmitirvos que o problema da auga non e só do rio Verdugo e de Vigo, está comezando a pasar en toda Galicia e xa pasa fai anos en todo o mundo. Aqui parecenos que nunca vai faltar a auga, pois falta!!. En Ponte Caldelas e contorna estanse sufrindo cortes de auga e restrinscions a cotio. Pois a xestion da mesma e a concienciacion sobre o seu uso ten que cambiar.
Dende rexeneracion animamos a que nos axudedes a visibilizar este problema mundial, relacionado tamen co cambio climatico e a expoñer outra maneira de vivir e de xestionar os nosos recursos.
Poñervos en contacto coa rede e ser parte dela, creade celulas independientes pero unidas a rede, compartidenos proxectos, informacion e maneiras de facer de vós mesmos, doutras xentes e doutros paises.
Temos a nosa disposicion @s voluntari@s e todo o entramado redil que construimos unid@s entre todos para comunicarnos, ter apoio, xestionar proxectos, comentar inquietudes, ideas, etc e ir dando pequenos ou grandes pasos colaborando coas celulas xa creadas.
Estamos tecendo despaciño pero cun fio dourado de colaboracion e entrega desinteresada. Cada pasazo ou pasiño de pequena ou grande colaboracion vosa ( unha hora a seman ou un par de horas diarias ), libera moito traballo na rede a persoas que estan dedicando horas e dias enteiros.
Estes dias sumamos celula fotografia, celula Augas e celula cambio climatico: seguiremos tecendo, cada un ao seu ritmo e dispoñibilidade. Esperamos os vosos fios!!!!!

Nacemos coma rede despois dos incendios. Cando as lapas esmoreceron observamos a paisaxe resultante; alguns choramos bagoas por fora e outros sentimos a dor por dentro pois ninguen pode inmutarse o mirar esa paisaxe desoladora. Desexamos rexenerar a nosa terra e poder levantar algun dia a vista e voltar a mirar fragas cheas de verde e troncos fermosos suxeitando e cimentando a terra baixo os nosos pés. Hoxe só miramos cinza, natureza queimada , animais desaparecidos ou aniquilados e un cheiro a fume, a aire morto, sen vida, pola vaga de lumes que sufrimos.
E ahi nos decatamos e escoitamos dentro noso esa voz que grita que queremos facer algo, dar un paso que non estrague mais a terra e afonde os nosos pes en cinzas senon que camiñe con respeto e conciencia.
Estamos tecendo xunt@s .
En rexenerar ademais de sementar arbores autóctonas e expandir raices temos moitos temas importantes e unidos transversalmente e que forman parte do que facemos e nos que podedes aportar todas as vosas inquietudes, as vosas sementes fortes e belas! Todas as iniciativas son recibidas e benvidas.
Os que ainda non estades subscritos na web facedeo.

Falando do cambio climatico.Afecta as nosas fragas, os nosos montes, os recursos de auga.O cambio climático é un problema de todas e todos e podemos facer algo, pois somos unid@s a sociedade quen o fará posible e viable. Estanos tocando e tocaralle aos nos@s fill@s vivilo e ser responsables dilo.
Xa que somos parte inactiva do que estamos vivindo, non deixemos a responsabilidade en mans duns poucos que nos dirixen e deciden por nosoutr@s,sexamos parte ACTIVA, sexamos REDE.
REXENERACION.NET
Grazas.

Sandra. Portavoz Celula Comunicacion Rexeneracion.net
comunicacion@rexeneracion.net