Nace o colectivo Rexeneración Forestal Autóctona Val Miñor

O colectivo nace a partir da proposta que xurdiu co mesmo nome en Ponte Caldelas e que pretende espallarse e construír unha rede de proxectos similares que cooperen entre si cun obxectivo común: a reforestación forestal do monte con especies autóctonas.


Artículo de la Página Original [valminortv.com]

Detalles de «Rexeneración Forestal Autóctona Val Miñor»

• Somos un grupo de xente veciña do Val Miñor que nos organizamos libremente para dar unha resposta coordinada á desfeita da última vaga de lumes e á situación dos montes.
O colectivo nace a partir da proposta que xurdiu en Ponte Caldelas, «Rexeneración Forestal Autóctona». Aínda que somos independentes e autónom@s no Val Miñor, mantemos comunicación e cooperamos con este proxecto con intención de traballar en rede, para facilitar e compartir experiencias, coñecementos e posibles actividades.

• Somos un grupo horizontal e participativo de xente que ten como obxectivo axudar á protección e rexeneración das zonas afectadas polos lumes, pero tamén fomentar un cambio de mentalidade con respecto á xestión dos nosos montes, baseada en criterios medioambientais e no ben común, na protección do territorio, na recuperación dos ecosistemas, e non tanto na «produtividade», aínda que entendemos que, de xeito racionalizado e consciente, temos que ter en conta a realidade no que respecta ás necesidades de consumo e mantemento dos montes, ante isto temos o convencemento de que poden ser xestionados de xeito sostible e á vez respectuoso co medio.

• Pensamos que as actuacións das institucións son lentas e ás veces insuficientes ou ineficaces. Que hai moitos intereses polo medio neste sector que fan que as administracións se perdan en debates políticos e legais que nos arredan dos obxectivos: Queremos o monte, queremos reforestalo e recuperar os nosos bosques autóctonos e o que traen con eles: animais, plantas, auga, biodiversidade, cultura propia…

• Estamos abertas as proposicións das CCMM, propietarixs forestais e outras partes implicadas, e ofrecemos a nosa colaboración para diversas accións: axuda en accións de protección e rexeneración do solo; recollida, sementeira e plantación de árbores e arbustos autóctonos; presentación de proxectos alternativos de xestión forestal; organización de eventos informativos, educativos, lúdicos, busca de información técnica con persoas expertas,…

• Por iso decidimos tomar a iniciativa e poñernos en contacto directo c@s propietari@s dos montes, tanto individuais como comunidades veciñais, para valorar as posibilidades de actuación directa no terreo, así como propoñer outros xeitos de intervención: educativa, informativa, legal, participación cidadá…, afondando nas raíces dos problemas e procurando solucións.

Se queres formar parte envíanos un correo electrónico a reforestacionvalminhor@gmail.com

Festa de Exaltación da Landra

O próximo sábado 16 celebrarase a FESTA DE EXALTACIÓN DA LANDRA como proposta e protesta á eucaliptización dos nosos montes. Leva o teu prato feito con landras e compartiremos unha merenda silvestre!! Será en Chandebrito, na escoliña a carón da igrexa.

Despois tamén César aconsella o seguinte :

Como empregar as landras caídas o pé dos carballos?

Nestas datas aínda é doado atopar landras, moitas estarán practicamente secas o pé dos carballos porque apenas choveu.

Tes que apañar unhas cantas, con 200gr podes facer 8 landraguesas (hamburguesas de landra). Ponas en auga para que hidraten, con cáscara. As que floten desbótalas, senón lle ves ningún buraco e están moi secas poden flotar, así que esas non as tires, déixaas . Cando estean hidratadas entre un ou tres días na auga, ou se afundan, daslle un corte lonxitudinal e mételas nunha tixola con tapa a lume forte. En 10 minutos aproximadamente a pel interior e exterior da landra abre e pódense xa pelar moi ben. Pícalas fino e sumérxelas en moita auga a cocer, canto mais finas menos tempo de cocción. Cando as landras estean tenras, despois duns 20 ou 30 minutos, tiras a auga e podes esmagalas landras e preparar landraguesas ou calquera das receitas que veñen no Manual de cocina bellotera para la era post-petrolera:
Enlace «Manual»

Se non tedes landras podedes traer algo sen landras, a idea e merendar xunt@s.